Carta para alumnos de Enfermería

Os hacemos llegar la siguiente carta que nos ha remitido la conselleira de educación Carmen Pomar Tojo. Agradecen difusión:

"Estimado/a alumno/a:
A Administración Xeral do Estado mediante as Ordes 295/2020, de 26 de marzo (BOE do dia 28), e 299/2020, de 27 de marzo (BOE do dia 30) vén de habilitar a contratación do persoal que se atope cursando o ultimo curso dos estudos requiridos tanto para a prestación dos servizos nos distintos ámbitos do sector dos servizos sociais como do ámbito sanitario.
Para posibilitar dito procedemento, poñémonos en contacto contigoe e coas persoas integrantes da túa promoción do segundo curso do ciclo de COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERIA para coñecer a dispoñibilidade dos que estean interesados, voluntariamente, en prestar servizos en centros xestionados pola Xunta de Galicia.
Por iso, as persoas dispostas poderanse inscribir na base de datos de “estudantes bolsa covid19” cumprimentando os datos nela exixidos, asi como as preferencias de localidades, no enlace https://www.xunta.gal/función-publica/bolsa-covid19
Posteriormente, e dependendo da dispoñibilidade e das necesidades da administración, porémonos en contacto coas persoas inscritas, para subscribir un contrato de traballo laboral en funcións de apoio relacionadas co funcionamento de ditos centros, coas retribucións propias do ámbito para o que fosen seleccionados.
A duración dese contrato está vinculado á situación actual de crise sanitaria, circunscrita ás necesidades do centro ou ao posto de traballo para o que fosen contratados.
En todo momento este persoal estaría supervisado por persoal técnico cualificado.
Agradézoche de antemán a túa colaboración, atención e dispoñibilidade.
Un cordial saúdo.
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional